HISTORIA DE A RUA
 

Da época previa á Idade do Bronce no que hoxe é o termo municipal da Rúa, pouco sabemos. As orixes do poboamento do val son incertas e só contamos con algúns restos megalíticos e petroglifos para dar conta da existencia daqueles homes e mulleres que viviron eiquí naqueles tempos remotos.

A RÚA PRERROMANA

Temos que esperar ata a época prerromana para atopar as primeiras referencias documentais, en Plinio e Plotomeo, que falan do pobo dos Gigurros ou Egurros que vivían no val antes da chegada dos romanos. Non coñecemos o tipo de vida que levaba este pobo, pero posiblemente fose moi similar ao do resto dos pobos do noroeste da península; isto é o mundo castrexo...
Basearían a súa economía na gandería e nas actividades bélicas e de pillaxe; poboarían os castros da Capilla en Vilela, da Coroa na Rúa Vella ou O Castrillón en Fontei.
Estes asentamentos e outros pasaron a romanizarse, ao igual que os poboadores do val; o que fai moi dificil reconstruir a vida anterior á chegada dos romanos.


A RÚA NO IMPERIO

O Emperador Augusto declara oficialmente sometida esta zona no ano 30 a. C. Pero os levantamentos sucédense ata o 19 a. C., ano no que é completamente sometido o pobo Egurro como moitos outros do que hoxe é Galicia, comeza así a Pax Romana na nosa comarca.
Con todo, non semella que o proceso de asimilación á cultura romana tivera moitos atrancos nen fora especialmente traumático. Roma integra estas terras nun espacio económico e político moito máis amplo que os anteriores: O Imperio.

Así, o val quedará comprendido dentro da provincia da Tarraconensis, e posteriormente da Gallaecia, escindida da anterior; e dentro do covento xurídico asturicense con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).
Tamén se decide centrar a vida económica do val no Forum Egurrorum ou Gigurrorum emplazado no termo da Cigarrosa no actual municipio da Rúa, onde se erixiu unha mansión viaría. Neste lugar teñense atopado numerosos restos romanos, destacando os seus mosaicos.
O grado de romanización que acodou este entorno durante o Imperio foi dos máis importantes do noroeste da península ibérica; aínda que sempre tivo un carácter rural, conservamos evidencias dunha importante actividade económica centrada principalmente na mineiría, e en moita menor medida na agricultura e na manufactura de cerámica.
Tamén podemos sinalar numerosos achadegos de moedas e outros obxectos feitos fora da comarca que nos amosan unha sociedade que se interrelacionaba con outras partes do mundo romano.
A iste respecto é imprescindible sinalar a construcción da calzada romana que comunicaba Astúrica Augusta (Astorga) e Bracara Augusta (Braga). Era a Vía XVIII ou Vía Nova, mandada construir por Vespasiano, entre os anos 57 e 77 d. C. Esta vía atrabesaba o actual municipio da Rúa de leste a oeste para cruzar o río Sil pola ponte da Cigarrosa, que comunmente se chama romana, a pesar de que somentes conserva as bases daquela época.
Foi perto desta ponte no termo da Cigarrosa onde se atopou a finais do século XVII a lápida romana adicada a Lucio Pompeio Reburro Fabro polo seu herdeiro testamentario, e que foi trasladada a igrexa de Santo Estevo da Rúa. Desde fai máis de tres séculos atópase adosada á parede suroriental dunha casa particular situada enfrente da torre da referida Igrexa de San Estevo.
A escasos mentros desa Igrexa, na praza de Cesar Conti, atopouse fai uns anos un capitel de estilo corintio datado entorno ao século IV d.C. que formaba parte dos alicerces dunha vella casa.
Todos estes restos da época romana e moitos outros de menor entidade que se foron atopando polo noso municipio, evidencian unha ocupación relativamente intensa deste entorno e unha fonda romanización. Do tempo dos romanos non podemos recoñecer a vila actual. Nembargantes, resulta imprescindible ter en conta a súa influencia no que foi e no que é a Rúa: empezando polo mesmo nome da Bisbarra que ten a súa orixe na aldea que os romanos chamaron Gigurro ou Egurro. Andando o tempo foi Giorres, logo perdeu o G, e deu Orres, que xunto co carácter de val que ten esta terra rematou por coñecerse como Val-de-orras.
Dunha forma máis concreta, o feito de que a Vía XVIII ou Vía Nova atravesase estas terras deu á Rúa a característica fundamental que como vila tivo ao traverso da súa história e que leva no mesmo nome. Isto é, o de via de comunicación; de paso; e que ligou a vida da Rúa ao seu emprazamento xeográfico xunto cunha serie de construccións de infractructuras viarias tales como os camiños reais, as estradas, ou o ferrocarril... que ten o seu orixe na aludida vía romana.


OS REINOS XERMÁNICOS

Coa chegada dos Suevos a Galicia a principios do século V comeza unha época moi distinta á anterior. O Imperio Romano desaparece nestas terras e o pobo Suevo faise dono da situación creando un reino xermánico. Este reino suevo pervive até finais do do século VI, cando é conquistado polos Visigodos.
Da época dos reinos xermánicos no noso entorno quedan escasos restos materiais, e os que quedan son toscos e evidencian a perda dos coñecementos e tecnoloxía que existian na época romana.
Posiblemenete fose entón cando realmente se cristianizaron estas terras, presumiblemente primeiro da man do priscialianismo e posteriormente do catolicismo que é a relixión que maioritariamente se segue a profesar polos creentes de hoxendía.

Durante as monarquías sueva e visigoda estes territorios formaban parte do bispado de Ourense, e non o de Astorga ao que tornarían trala breve ocupación islámica. Nestes anos comeza a aparecer o sistema feudal, que nalguns dos seus aspectos, como a propiedade señorial da terra, durará ate ben entrado o século XIX.
Nun principio o monarca encomendaba a administración dun territorio a un home de confianza (o tenente), que non tiña por que ser o dono de tales terras; tampouco podía trasmitir o seu dominio os seus herdeiros, senon que o rei tiña a posibilidade de nomear a quen desexara para ese cometido. Pero, co tempo, eses cargos de tenentes foron recaendo na mesma familia ata facerse vitalicios e hereditarios.
En Valdeorras foi a familia Froilaz, posteriormente os Castro, condes de Lemos. Trala gurra civil entre Pedro I e o seu medio irman Enrique, gañada por este último, Valdeorras pasa durante uns poucos anos a maos dun nobre que vendería esta Xurisdicción aos Sarmiento, condes de Ribadavia (xa no século XIV). Moitas das terras da Rúa pertencían a estes señores, algunhas outras tiñan donos eclesiásticos como o bispado de Astorga, os mosteiros de Carracedo, San Paio de Antealtares, etc...


A IDADE MODERNA

Dende a Idade Media ata o século XIX sobreviviu na zona o réxime señorial. En Galicia este modelo asóciase cun sistema foral de posesión da terra, polo que esta se dividía en dous dominios.

Así os labregos que traballaban a terra raramente eran propietarios dela, e pagaban ao señor un tipo de arrendamento normalmente en especie e as veces tamén en diñeiro. O pagamento facíase nunha data concreta e un valor determinado que non cambiaba mentres durase o contrato foral. Na idade media ademais do pagamento esixíanse unha serie de servidumes para có señor, pero co tempo a relación acabou por ser exclusivamente económica.

Durante a Idade Media o poboamento romano tivo continuidade na Cigarrosa; pero tamén aparecerá unha nova poboación, San Estevo, que irá adquirindo maior importancia demográfica e económica e será un dos núcleos dos que nacerá a vila actual.

Durante os séculos XVI, XVII e XVIII van conformándose definitivamente os núcleos que hoxe coñecemos: San Estevo da Rúa, Fontei, Vilela, Somoza, Roblido... Seguramente todos teñen unha orixe moi anterior (cando menos medieval) pero é durante a Idade Moderna cando adquire a preponderancia San Estevo, incluso a nivel comarcal. Aparece entonces a denominación de A Rúa (San Estevo da Rúa). Por outra banda desaparecen as noticias sobre a Cigarrosa como núcleo de poboación; así, o que noutrora fora unha vila romana, a vila máis importante do noso entorno, ficaba adicada ás tarefas agrícolas. É tamén agora cando podemos comezar a recoñecer algunhas partes da vila actual: rúas ( Fodeareas ou Cantalarrana), os termos das terras de labor (como o Hospital ou o Campogrande) e moitos edificios como a Casa Grande de Fontei, a Igrexa de San Estevo, e outras moitas casas, algunhas delas brasonadas, que resisten como poden o paso dos anos e que aínda hoxe son merecedoras de máis atención da que actualmente se lles presta como parte dun patrimonio urbanístico que, se ben non podemos considerar como monumental, ten un innegable valor arquitectónico e histórico.


A ÉPOCA CONTEMPORÁNEA

A partires do século XVIII multiplícanse as fontes documentais. Aparecen artigos para publicacións ilustradas, libros parroquiais, escrituras públicas, correspondencia, e sobre todo o chamado Catastro de Ensenada, que nos proporciona unha visión moi detallada da vila naquela época do Antigo Réxime. Nalgúns aspectos apenas cambiara nada nos últimos séculos, así os Condes de Ribadavia seguían a cobrar os seus tributos, ao igual que a Igrexa, que tamén monopolizaba a escasa labor educativa que se realizaba en Valdeorras (as escolas parroquiais e o Convento dos Trinitarios Descalzos de Correxais).

Os camiños reais comunicaban a comarca co resto de España. A súa calidade era bastante deficiente, pero eran as únicas vías que permitían o tráfico de persoas e mercadorías por estas terras. Todo ese mundo entrará en crise coa invasión francesa de 1809. Durante a Guerra da Independencia os naturais destas vilas (como no resto de Galicia) combaten ás tropas francesas, que son vistas como inimigas da fe católica, da lexítima dinastía dos Borbóns e sobre todo como unha pesada carga para os paisanos, pois os soldados adicábanse con demasiada frecuencia á pillaxe indiscriminada.

Pero trala expulsión dos franceses do Reino nada ficou igual que estaba antes, o sistema social que sustentaba o Antigo Réxime era anacrónico, e cada vez eran máis as voces que denunciaban a situación. Son os anos das Cortes de Cádiz, da volta de Fernando VII, do pronunciamento liberal de Riego en 1820... España debátese entre o cambio e a tradición, e os ecos desa loita tamén chegan a Valdeorras. O liberalismo radical será derrotado, a súa base social e case inexistente, pero o liberalismo moderado que chega o poder trala morte de Fernando VII irá desmontando paseniñamente todo o edificio do Antigo Réxime: desaparición dos morgados, dos señoríos xurisdiccionais, desamortización dos bens eclesiásticos... Todos eses acontecementos deixáronse sentir na Rúa e en toda Valdeorras.

século XIX, configúranse os actuais municipios e desaparece a xurisdicción señorial dos Condes de Ribadavia. San Estevo da Rúa deixa de ser unha freguesía, e aparece o Concello de A Rúa, integrado no partido xudicial de Valdeorras con sede no Barco e na provincia de Ourense. A este respecto e de salientar que A Rúa, có resto de Valdeorras, formou parte da provincia de Vilafranca, con capital na vila berciana do mesmo nome. A referida provincia apenas durou dous anos, mais, a pesar da súa efímera existencia, é un dato histórico recordado comunmente.

Sen embargo o feito de maior transcendencia para A Rúa no século XIX foi, sen dúbida ningunha, a chegada do ferrocarril en 1883.

 
  VISITAS = 134015 visitantes (354238 clics a subpáginas) = PAGINAS VISTAS