SOMOS PORQUE ELES FORON
 
PROXECTO “SOMOS PORQUE ELES FORON”
 
“SOMOS PORQUE ELES FORON” SERÁ O DESARROLLO DE UN ARCHIVO SOBRE A ISTORIA DA COMARCA E DO NOSO POBO A TRAVÉS DE FOTOS.
 
 
O PROXECTO BÁSASE EN TRES PARTES:
1ª- RECOPILACIÓN DE FOTOS E DOCUMENTACIÓN.
2ª- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA.
3ª- CONCURSO DE ISTORIA, DIRIXIDO AO ALUMNADO DISO E BACHARELATO DE A RÚA.
4º- EDICIÓN DUN LIBRO DOCUMENTADO CON TODO O MATERIAL RECOPILADO E
      INVESTIGADO.  
 
 
OBXECTIVOS
 
 
A PRESENTACIÓN DESTA INICIATIVA SUPÓN UN ILUSIONANTE RETO.
 
O ORGANIZAR UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA LEVA A COOPERACIÓN DE MOITOS VECIÑOS/AS DA LOCALIDADE QUE QUEREN COMPARTIR COS DEMAIS AS SÚAS FOTOGRAFÍAS.
 
MAIS CLARO, ESAS FOTOGRAFÍAS ANTIGAS CONSERVADAS HATA HOXE SON PEDAZOS DA HISTORIA DAS FAMILIAS PROPIETARIAS.
 
ESTA É A CLAVE DO NOSO PROXECTO: A HISTORIA DAS FAMILIAS.
 
A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SERÁ UNHA EXCUSA PARA PASAR DA DOCUMENTACIÓN GRÁFICA A DOCUMENTACIÓN ESCRITA.
 
PENSANDO NA EXPOSICIÓN, DÍMONOS CONTA DE QUE AS PERSOAS, CANDO PRESTAN FOTOS, SEMPRE FAN ALGÚN COMENTARIO SOBRE ELAS.
POIS BEN, QUEREMOS SABER TODO E MOITO MÁIS DO QUE A PRIMEIRA VISTA NOS MOSTRE UNHA ESTAMPA.
 
A CANTIDADE DA INFORMACIÓN QUE SE PODE CONSEGUIR É ENORME, O ENCADEADO DE PERSOAS PÓDENOS LEVAR MOI LONXE, E NÓS ESTAMOS DISPOSTOS A INTENTAR ESTE ARDUO TRABALLO.
 
PORQUE NON QUEREMOS NIN ESQUECER NIN PERDELA SABIDURÍA DOS NOSOS MAIORES. AS SÚAS LEMBRANZAS NOS AXUDARÁN A ESCRIBILA HISTORIA DESTA BISBARRA QUE NON DEBE PERDELAS SÚAS ORIXES, PORQUE NELAS RESIDE A IDENTIDADE, O QUE CONFIGURA A PERSONALIDADE COMO COLECTIVO E COMO POBO.
 
OS VELLOS, QUE SON O ESLABÓN MÁIS PERTO, NOS GUIARÁN Ó LONGO DO CAMIÑO QUE IMOS PERCORRER.   
 
ESTE PROXECTO NON QUERE SER UN NOVO ÁLBUM FOTOGRÁFICO MÁIS. COS NOMES DOS PERSOAXES, OS SITIOS E O ANO DE BAIXO DA FOTO DO XEITO INFORMATIVO, NÓS PRETENDEMOS MOITO MÁIS.
 
QUEREMOS MOTIVAR ÁS PERSOAS TRABALLANDO NA RECOLLIDA DE FOTOS E DE INFORMACIÓN. A INTENCIÓN É RECAVAR NA HISTORIA DESTA BISBARRA SEN LÍMITES.
 
NA PRIMEIRA PARTE DESTE PROXECTO, QUE É A DE RECOPILACIÓN E DOCUMENTACIÓN, IMOS PEDIR ÓS XÓVENES DA BISBARRA A SÚA COLABORACIÓN.
CREMOS CA MELLOR FORMA DE ACHEGALA CULTURA GALEGA ÁS PERSOAS É, SOBRE TODO AOS NOVOS, COMENZANDO POLA CULTURA RURAL DO ENTORNO NO QUE VIVEN.   
 
POR OUTRA BANDA, NOS PARECE INTERESANTÍSIMA A RELACIÓN QUE SE PODE FORMAR ENTRE OS QUE INFORMAN E OS QUE RECOPILAN (OS MAIORES E A XUVENTUDE), OS CALES ESTÁN MOI DIFERENCIADOS POLA IDADE E POLA ÉPOCA QUE LLES TOCOU VIVIR A CADA QUEN.
 
O VISIONADO DAS FOTOS MAILAS EXPLICACIÓNS QUE DEN AS PERSOAS PROPIETARIAS DELAS, MOSTRARÁN AOS MOZOS/AS, E DE PRIMEIRA MAN, CÓMO SE VIVÍA DIANTES, AS COSTUMES, AS COMIDAS, OS XOGOS, OS TRABALLOS, AS INFIRMIDADES, AS DIVERSIÓNS, AS PALABRAS NO GALEGO DE ANTES, QUE SON PARTE DA CONSTRUCCIÓN DA LINGUA E QUE NOS CONVÉN RECOLLER PARA QUE NON AS ESQUECEMOS, E IGUALMENTE OS NOMES DOS LUGARES DAS FOTOS, OS CALES TRANS MITIRÁN INFORMACIÓN, E CENTOS DE DATOS NON USUAIS HOXE, MAIS IMPORTANTES, QUE DEBEMOS MOSTRAR E LEMBRAR.
 
AS FOTOS E MAILAS HISTORIAS CONTADAS MOSTRARÁN A TRANSFORMACIÓN, O MIRAR ATRÁS SERÁ UN XEITO DE ENCONTRARSE COA CULTURA RURAL DA QUE PROCEDEMOS E DA CAL NOS SENTIMOS ORGULLOSOS.
 
UN DOS MOTIVOS DA ASOCIACIÓN É A FORMACIÓN DAS PERSOAS DA COMUNIDADE: A CULTURA SE APRENDE DE DIVERSOS XEITOS, E CREMOS QUE UNHA DELAS É ESTA.
 
O XEITO DE TER QUE ENGADIR AO GRÁFICO E AO NARRADO MÁIS INFORMACIÓN NOS LEVARÁ A BUSCAR BIBLIOGRAFÍAS, CONTRASTAR DATOS, INVESTIGAR LIBROS; EN FIN, TEREMOS QUE MOVERNOS PARA CONSEGUILA MÁXIMA INFORMACIÓN SOBRE O ENTORNO ONDE VIVIMOS.
 
  VISITAS = 134015 visitantes (354211 clics a subpáginas) = PAGINAS VISTAS